Ir al contenido principal

De quen veño sendo

Dicía meu avó, Germán, pastor en Burgos, que la oveja no es de donde nace, sino de donde pace. O conto, que por coñecido non debería sorprender a ninguén, pódeseme aplicar con case todo o sentido pois eu son palentina, aínda que pacer, o que se di pacer, non o fixen ata chegar a esta terra. 
Os meus primeiros dentes saíronme á sombra dun sonado castelo, alá polas Rías Baixas, terras da miña familia paterna. Alá tamén din os meus primeiros pasos e sendo moi nena percorrín os xardíns daquel castelo fantástico ó meu ollar de cativa, incluso, grazas a amabilidade de Segundo, puiden subir mirar o mundo dende a súa Torre da Homenaxe.
A escola xa a comencei máis o norte, respirando o vento mariñeiro que chegaba dende máis alá da Torre de Hércules mesturado co fume industrial da Cros. Tamén alí aprendín a tecer con dedos biqueiros, que diría Manolo Rivas, os meus soños nos retais. Xa de poliña emprendín a carreira profesional na industria da costura que non abandonei ata hoxe.
O meu gusto polo folclore galego chegoume xa de grande. O baile, a pandeireta, as foliadas... os cantos de taberna, como non caer baixo o feitizo dos cantos de taberna. En serio, tedes que probalo... Pero perdoade, a miña paisón por momentos faime esquecer os meus deberes. E isto, que pode ser moi molesto, pásame moi amiudo, tanto, que pensei en tirarlle proveito. 
Durante moitos anos, eses anos da miña carreira profesional, adiqueime a tecer soños alleos en retais alleos e, na maioría dos casos, eran soños industriais, prefabricados, carentes de identidade propia. Hoxe, eiquí, quero dar comenzo á tarefa de tecer outros soños, os meus, os teus, os da memoria común que, como tamén dicía o escritor coruñés, debemos aloumiñar sen medo. 
Que quen veño sendo? Pois sinxelo. A persoa que quere vestir a túa memoria cos teus soños.

Comentarios

  1. Respuestas
    1. Muchas gracias!!,esta muy chulo,no dejes de mirarlo pondremos cositas nuevas😉

      Eliminar

Publicar un comentario

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Entradas populares de este blog

Están tolos estes romanos

Tenme contado o historiador Manolito de Cos, que imparte cátedra de luns a sábado na barra da de Sito, pola parte de Celas, que nos tempos dos romanos existía en Cambre unha pequena aldea de castrexos que lograron facerse fortes ante a invasión imperialista. Afirma Manolito que os castrexos resistiron o envite dos romanos por moitos anos, incluso cando as forzas hostís eran moito máis numerosas. Aínda hoxe os estudosos non consiguen poñerse dacordo sobre as causas que explican esta situación pero Manolito afirma que a causa última desta "anamolía histórica" (cito como o escoitei) era que o druida da aldea tiña coñecemento de certa brebaxe que aportaba a aqueles que a inxerían unha forza sobrehumana. Isto, que non sei eu o porque resultábame familiar, o sabía de moi boa tinta pois llo contara o compoñedor de Lema, que algo tocaba có finado druida da citada aldea.  Certo é que as afirmacións de Manolito orixinaron aquela tarde unha moi acolarada disputa académica, chegando a