Contoume Maruja, a do Viso, que ten un fillo que ía para cura e acobou en capador, que cando era moza a súa nai amidonaba tanto as enaugas que unha noite, na festa de Lourido, a piques estivo de quedar sen mozo, sen home e sen capador. Eu, mentres pensaba para min que ben poidera ser que o oficio do neto tivera orixen na obsesión polo amidón da avóa, din en facerme unhas enaguas novas, cousa que ben mirado, nunca ven de máis. Déixovos unha mostra do que eu fixen pero xa sabedes... Neste punto unha muller non lle debe dicir a outra o que ten que levar baixo a saia así que... Vos contádeme, que aínda que eu tampouco son cura, nin monxa, Deus non o permita! Sei gardar un segredo.
Dicía meu avó, Germán, pastor en Burgos, que la oveja no es de donde nace, sino de donde pace. O conto, que por coñecido non debería sorprender a ninguén, pódeseme aplicar con case todo o sentido pois eu son palentina, aínda que pacer, o que se di pacer, non o fixen ata chegar a esta terra. Os meus primeiros dentes saíronme á sombra dun sonado castelo, alá polas Rías Baixas, terras da miña familia paterna. Alá tamén din os meus primeiros pasos e sendo moi nena percorrín os xardíns daquel castelo fantástico ó meu ollar de cativa, incluso, grazas a amabilidade de Segundo, puiden subir mirar o mundo dende a súa Torre da Homenaxe. A escola xa a comencei máis o norte, respirando o vento mariñeiro que chegaba dende máis alá da Torre de Hércules mesturado co fume industrial da Cros. Tamén alí aprendín a tecer con dedos biqueiros, que diría Manolo Rivas, os meus soños nos retais. Xa de poliña emprendín a carreira profesional na industria da costura que non abandonei ata hoxe. O meu...
Comentarios
Publicar un comentario