Ir al contenido principal

Bolsos

Sempre chamáronme moito a atención as formas e cores das pañuelas. Esas formas lembranme a poderosa vexetación que cubre a nosa terra e as súas frores, sobre esos fondos as veces tan vivos, engaiolanme. Ademáis coido que algo especial existe nas pañuelas, no seu significado apenas intuido. Semellánseme coma as primas pobres dos rimbombantes mantones de Manila e son así a manifestación máis sinxela e modesta da ledicia dun pobo. E unha ledicia que se mostra modesta cando cubre o cabelo ou delicadamente insunante o cinguirse á cintura da moza, pero sempre e unha ledicia que sae da nosa mesma esencia.
Esa foi pois a inspiración que me levou a crear estes conxuntos de bolso, neceser e carteira. Creados partindo de pañuelas,  no meu maxín xurdiu un bolso funcional para o uso diario, lixeiro pero resistente, cuns coidados acabados froito do traballo manual. 
Os que vedes nestas fotos non son máis que unha pequena mostra das moitas posibilidades que existen. Como sabedes pañuelas hai para aburrir aínda que eu nunca me aburra de escoitar as vosas suxerencias e propostas.














E como a cabeza non para...  Deixovos recén feita a última das miñas propostas. Ideal para o verán.  😍😍




Lembrade. Calquera proposta mandádesme un correo electrónico e falamos. PINCHA

Comentarios

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Entradas populares de este blog

De quen veño sendo

Dicía meu avó, Germán, pastor en Burgos, que la oveja no es de donde nace, sino de donde pace. O conto, que por coñecido non debería sorprender a ninguén, pódeseme aplicar con case todo o sentido pois eu son palentina, aínda que pacer, o que se di pacer, non o fixen ata chegar a esta terra.  Os meus primeiros dentes saíronme á sombra dun sonado castelo, alá polas Rías Baixas, terras da miña familia paterna. Alá tamén din os meus primeiros pasos e sendo moi nena percorrín os xardíns daquel castelo fantástico ó meu ollar de cativa, incluso, grazas a amabilidade de Segundo, puiden subir mirar o mundo dende a súa Torre da Homenaxe. A escola xa a comencei máis o norte, respirando o vento mariñeiro que chegaba dende máis alá da Torre de Hércules mesturado co fume industrial da Cros. Tamén alí aprendín a tecer con dedos biqueiros, que diría Manolo Rivas, os meus soños nos retais. Xa de poliña emprendín a carreira profesional na industria da costura que non abandonei ata hoxe. O meu...