Ir al contenido principal

Mozas

Acerqueime hoxe a Romaría de San Benito, eiquí en Anceis, non porque tivera bulto eruptivo ningún, se non por acompañar a unha veciña que non tiña quen a levara. Nunca antes estivera no San Benito e non sabía eu do seu ritual telúrico de ancestral significado tan preto da casa. 
Para quen non a coñeza a Romaría celebrase en Mercurín, no que seique é unha "plenillanura", mira tí!. Alí hai unha pequena ermita e segundo contan, eu non o sei, o Santo sana calquera protuberancia da pel. O conto é que tes que pasar por unha pequena fiestra -ou oco, ou burato- que hai na parede da ermita. Aínda que non puiden presenciar en directo o ritual, pódovos afirmar que o burato é ben pequeno e que ademais de fé fai falta unha boa curación de adelgazamento.
O caso e que na Romaría atopeime con doña María, unha antiga veciña que vende roscas dende que eu teño memoria, e falando desto e dalqueloutro lembroume que tamén téñolle feito algunha que outra prenda de roupa a súa neta.

Así que, déixovos unha pequena mostra deste traballo meu. 


Lembrade. Calquera proposta mandádesme un correo electrónico e falamos. PINCHA


Se queredes saber máis sobre a Romaría de San Benito PINCHA

Non deixedes de visitar as miñas outras creacións: 

Comentarios

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Entradas populares de este blog

De quen veño sendo

Dicía meu avó, Germán, pastor en Burgos, que la oveja no es de donde nace, sino de donde pace. O conto, que por coñecido non debería sorprender a ninguén, pódeseme aplicar con case todo o sentido pois eu son palentina, aínda que pacer, o que se di pacer, non o fixen ata chegar a esta terra.  Os meus primeiros dentes saíronme á sombra dun sonado castelo, alá polas Rías Baixas, terras da miña familia paterna. Alá tamén din os meus primeiros pasos e sendo moi nena percorrín os xardíns daquel castelo fantástico ó meu ollar de cativa, incluso, grazas a amabilidade de Segundo, puiden subir mirar o mundo dende a súa Torre da Homenaxe. A escola xa a comencei máis o norte, respirando o vento mariñeiro que chegaba dende máis alá da Torre de Hércules mesturado co fume industrial da Cros. Tamén alí aprendín a tecer con dedos biqueiros, que diría Manolo Rivas, os meus soños nos retais. Xa de poliña emprendín a carreira profesional na industria da costura que non abandonei ata hoxe. O meu...