Ir al contenido principal

Polainas

Todas sabemos por onde debe comezar a vestirse un home. Todas sabemos por onde comezan a desvertirse 😩😩. O mundo non está ben feito... Pero como muller non podo perder tódalas esperanzas e manteño a fé en vos, homes galegos. Vestídevos polos pes como está mandado e camiñade fachendosos polo campo da feira. Prométovos que voltarán as cabezas e, se empezan mirando os vosos pes, eu asegúrovos que non quedarán aí as miradas.


Por certo... o pantalón tamén é da casa

Lembrade. Calquera proposta mandádesme un correo electrónico e falamos. PINCHA


Comentarios

Publicar un comentario

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Entradas populares de este blog

De quen veño sendo

Dicía meu avó, Germán, pastor en Burgos, que la oveja no es de donde nace, sino de donde pace. O conto, que por coñecido non debería sorprender a ninguén, pódeseme aplicar con case todo o sentido pois eu son palentina, aínda que pacer, o que se di pacer, non o fixen ata chegar a esta terra.  Os meus primeiros dentes saíronme á sombra dun sonado castelo, alá polas Rías Baixas, terras da miña familia paterna. Alá tamén din os meus primeiros pasos e sendo moi nena percorrín os xardíns daquel castelo fantástico ó meu ollar de cativa, incluso, grazas a amabilidade de Segundo, puiden subir mirar o mundo dende a súa Torre da Homenaxe. A escola xa a comencei máis o norte, respirando o vento mariñeiro que chegaba dende máis alá da Torre de Hércules mesturado co fume industrial da Cros. Tamén alí aprendín a tecer con dedos biqueiros, que diría Manolo Rivas, os meus soños nos retais. Xa de poliña emprendín a carreira profesional na industria da costura que non abandonei ata hoxe. O meu...