Tenme contado o historiador Manolito de Cos, que imparte cátedra de luns a sábado na barra da de Sito, pola parte de Celas, que nos tempos dos romanos existía en Cambre unha pequena aldea de castrexos que lograron facerse fortes ante a invasión imperialista. Afirma Manolito que os castrexos resistiron o envite dos romanos por moitos anos, incluso cando as forzas hostís eran moito máis numerosas. Aínda hoxe os estudosos non consiguen poñerse dacordo sobre as causas que explican esta situación pero Manolito afirma que a causa última desta "anamolía histórica" (cito como o escoitei) era que o druida da aldea tiña coñecemento de certa brebaxe que aportaba a aqueles que a inxerían unha forza sobrehumana. Isto, que non sei eu o porque resultábame familiar, o sabía de moi boa tinta pois llo contara o compoñedor de Lema, que algo tocaba có finado druida da citada aldea. Certo é que as afirmacións de Manolito orixinaron aquela tarde unha moi acolarada disputa académica, chegando a...