Ir al contenido principal

Están tolos estes romanos

Tenme contado o historiador Manolito de Cos, que imparte cátedra de luns a sábado na barra da de Sito, pola parte de Celas, que nos tempos dos romanos existía en Cambre unha pequena aldea de castrexos que lograron facerse fortes ante a invasión imperialista. Afirma Manolito que os castrexos resistiron o envite dos romanos por moitos anos, incluso cando as forzas hostís eran moito máis numerosas. Aínda hoxe os estudosos non consiguen poñerse dacordo sobre as causas que explican esta situación pero Manolito afirma que a causa última desta "anamolía histórica" (cito como o escoitei) era que o druida da aldea tiña coñecemento de certa brebaxe que aportaba a aqueles que a inxerían unha forza sobrehumana. Isto, que non sei eu o porque resultábame familiar, o sabía de moi boa tinta pois llo contara o compoñedor de Lema, que algo tocaba có finado druida da citada aldea. 
Certo é que as afirmacións de Manolito orixinaron aquela tarde unha moi acolarada disputa académica, chegando a afirmar Ramón, que ten un sobriño profesor de instituto en Ponferrada, que iso dos castrexos non pasou en Cambre, senon en Francia.
Teña razón Manolito ou Ramón, que eu aí non me quero meter, o certo é que este fin de semana próximo celébrase en Cambre o terceiro Galaicoi. Teremos un mercado, xogos tradicionais, pasarrúas e, como cada ano, os castrexos acamparemos no Castro e os romanos... bueno os romanos co seu afán imperialista acamparán onde lles pete. 
Eu xa estou preparada para festexar como é debido. E tí? Irás de castrexo ou de romano.




Lembrade. Calquera proposta mandádesme un correo electrónico e falamos. PINCHA

Máis información na web do Concello de Cambre.



Comentarios

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Entradas populares de este blog

De quen veño sendo

Dicía meu avó, Germán, pastor en Burgos, que la oveja no es de donde nace, sino de donde pace. O conto, que por coñecido non debería sorprender a ninguén, pódeseme aplicar con case todo o sentido pois eu son palentina, aínda que pacer, o que se di pacer, non o fixen ata chegar a esta terra.  Os meus primeiros dentes saíronme á sombra dun sonado castelo, alá polas Rías Baixas, terras da miña familia paterna. Alá tamén din os meus primeiros pasos e sendo moi nena percorrín os xardíns daquel castelo fantástico ó meu ollar de cativa, incluso, grazas a amabilidade de Segundo, puiden subir mirar o mundo dende a súa Torre da Homenaxe. A escola xa a comencei máis o norte, respirando o vento mariñeiro que chegaba dende máis alá da Torre de Hércules mesturado co fume industrial da Cros. Tamén alí aprendín a tecer con dedos biqueiros, que diría Manolo Rivas, os meus soños nos retais. Xa de poliña emprendín a carreira profesional na industria da costura que non abandonei ata hoxe. O meu gus